Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39649

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación para a contratación dos servizos de soporte, instalación e evolución do sistema IANUS para a continuidade e despregamento dos proxectos de innovación H2050 e Innova-Saúde vinculados á historia clínica electrónica, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento 9.7, obxectivo específico 9.7.1.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 9 de novembro de 2015.

d) Número de expediente: AB-SER1-15-047.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizos de soporte, instalación e evolución do sistema IANUS para a continuidade e despregamento dos proxectos de innovación H2050 e Innova-Saúde vinculados á historia clínica electrónica do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 18 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72265000-0 e 72266000-7.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

– Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0 - 50

Metodoloxía de traballo

0 - 30

Plan de participación dos recursos

0 - 20

– Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0 - 50

Oferta económica

0 - 40

Parámetros de servizo

0 - 10

4. Valor estimado do contrato: 1.918.080 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 959.040 euros. Importe total: 1.160.438,40 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5 (%) do importe de licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 e categoría d.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase a cláusula 5.3.1.f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 9 de novembro de 2015.

Se o último día do prazo de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro (4) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si; serán por conta do/s adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 21 de setembro de 2015.

12. Outras informacións.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos