Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 8 de outubro de 2015 Páx. 39392

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación, por procedemento aberto, da prestación dos servizos complementarios á xestión dos padróns fiscais do imposto de vehículos de tracción mecánica, das taxas de lixo comercial e vaos.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Servizos Económicos-Adminitración de Tributos. Nº de expediente: 2177-500.

2. Obxecto do contrato: descrición: servizos complementarios á xestión dos padróns fiscais do imposto de vehículos de tracción mecánica, das taxas de lixo comercial e vaos.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 1 ano. Prórroga: si, unha prórroga dun ano de duración.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 60.000 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar a documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos quince (15) días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións: -.

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 18 de setembro de 2015

P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación