Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 8 de outubro de 2015 Páx. 39333

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2015 pola que se integra a Carlos María Agrasar Cruz, funcionario da escala de profesores do INEF de Galicia, no corpo de profesores titulares de universidade.

A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (LOU), establece na súa disposición adicional décimo sétima que os funcionarios e funcionarias da escala de profesores do INEF de Galicia, que no momento da súa entrada en vigor posúan o título de doutor ou o obteñan posteriormente e se acrediten especificamente para o acceso ao corpo de profesores titulares de universidade conforme o que establece o artigo 57 da LOU, accederán directamente ao corpo de profesores titulares de universidade nas mesmas prazas que ocupen.

Unha vez solicitada polo profesor Carlos María Agrasar Cruz, con DNI núm. 35251774L, funcionario da escala de profesores do INEF de Galicia, a súa integración no corpo de profesores titulares de universidade e acreditados os requisitos exixidos, esta reitoría, no uso das facultades que lle confiren a Lei orgánica 6/2001, de universidades, e os estatutos desta universidade, resolve integralo no corpo de profesores titulares de universidade, área de coñecemento de Anatomía e Embrioloxía Humana, con efectos económicos e administrativos do 22 de setembro de 2015.

Contra esta resolución, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pódese interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o reitor no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses na forma e condicións previstas na Lei reguladora da dita xurisdición, contados a partir do día seguinte ao da recepción desta notificación.

A Coruña, 22 de setembro de 2015

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña