En cumprimento do disposto no artigo 16 do Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico, esta dirección dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta na súa reunión do 24 de setembro de 2015, que a seguir se transcribe:
«Declarar municipio de interese turístico galego, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico, ao seguinte:
• Concello de Muros na provincia da Coruña».
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2015
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia