Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 8 de outubro de 2015 Páx. 39377

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración dun sistema de busca de documentos (expediente 29/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración dun sistema de busca e indexación de documentos de fontes diversas.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 19.6.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 128.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 128.000,00 €, máis 26.880,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 154.880,00 €

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 3.9.2015.

b) Data de formalización do contrato: 15.9.2015.

c) Contratista: Eptisa Tecnologías de la Información, S.A.

d) Importe de adxudicación: 153.460,67 € (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia