Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 7 de outubro de 2015 Páx. 39202

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 17 de setembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se convoca para a súa cobertura polo procedemento de provisión de avaliación colexiada unha praza de xefe/a do Servizo de Hematoloxía e Hemoterapia.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (Diario Oficial de Galicia núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 47, do 7 de marzo), e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm.139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña resolve anunciar a convocatoria, para a súa cobertura polo procedemento de provisión de avaliación colexiada, dunha praza de xefe/a do Servizo de Hematoloxía e Hemoterapia.

As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Estrutura de Xestión Integrada da Coruña, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

O prazo de presentación de solicitudes será de coarenta e cinco (45) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes, que deberán dirixirse á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, poderán presentarse no Rexistro da Estrutura de Xestión Integrada da Coruña, así como a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 17 de setembro de 2015

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Hematoloxía e Hemoterapia da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Grupo de clasificación: A1.

Nº de vacantes: 1.