Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 7 de outubro de 2015 Páx. 39234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2015/199-1).

Expediente: IN407A 2015/199-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT, CT e RBT Cerrallo.

Concello: Carballo.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,439 km, coa orixe en apoio nº 5 proxectado que substitúe o existente da LMT CBL-701 B, no tramo entre o CT Sofán (expediente 6.357) e o CT Cerrallo (expediente 50.683) para substituír, condutor tipo LA C-56 mm2, e final no apoio nº 9 existente da LMT CBL-701B, no tramo entre o CT Cerrallo (expediente 50.683) para substituír, e o CT Sinande (expediente 31.157).

Centro de transformación intemperie Cerrallo, cunha potencia de 160 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se xunta a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e desta maneira dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 10 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/199-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT, CT e RBT Cerrallo.

Concello: Carballo.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Nº de predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

Afeccións

m2

ml aéreo

ml sub.

m2 aéreo

m2 sub.

1

Riveiro

Monte alto

Carlos Lamas Álvarez

5

2.0

42.0

500.0

2

Riveiro

Monte alto

Pilar Nieto Eiris

2.0

3

Riveiro

Monte alto

Cristina Nieto Eiris

18.0

503.0

4

Riveiro

Prado

Cristina Nieto Eiris

37.0

366.0

5

Riveiro

Monte alto

Pilar Nieto Eiris

9.0

94.0

6

Canal

Monte alto

José María Fernández e 6 máis

4.0

76.0

7

Canal

Monte alto

Antonio Fuentes Martínez

23.0

8

Canal

Monte alto

Mª del Carmen Sánchez Varela

6

2.0

38.0

631.0

9

Canal

Monte alto

Jesús Pereira Castiñeiras

58.0

928.0

10

Canal

Monte alto

Ignacio Fuentes Rama

28.0

448.0

11

Canal

Monte alto

José Juncal Queijo

7

2.0

24.0

384.0

12

Canal

Monte alto

Luis Viaño Rey

15.0

240.0

13

Canal

Monte alto

Mª de Carmen Sánchez Varela

33.0

528.0

14

O Zarrallo

Monte alto

Josefina Bello Gambón

44.0

704.0

15

O Zarrallo

Labradío

Josefina Bello Gambón

130.0

16

O Zarrallo

Labradío

José Vecino Seoane

8

2.0

56.0

418.0

17

O Zarrallo

Labradío

Carmen Suárez Martínez

7/1 centro transformación

9.0

18

O Zarrallo

Urbana

José María Fernández e 6 máis

Baixa tensión

2.0