Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 39143

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO de aprobación da convocatoria pública de subvencións a entidades sen ánimo de lucro e comisións de festas anualidade 2015.

Mediante Resolución da Alcaldía do 7.9.2015, acordouse:

Primeiro. Aprobar a convocatoria pública de subvencións a entidades sen ánimo de lucro e comisións de festas de Abegondo anualidade 2015, con cargo ás aplicacións orzamentarias 334.48002 e 338.48001.

Requisitos: os establecidos nas bases da convocatoria.

Segundo. Publicar a convocatoria no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello.

Abegondo, 7 de setembro de 2015

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde