Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 39156

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2015.

De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia de boas prácticas na Administración pública galega, faise pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2015 por esta sociedade.

Data

Vencemento

Importe

Contratista

Referencia

Obxecto

17.3.2015

13.1.2018

 

Ecovidrio

CV8/2015

Addenda ao convenio de 14.1.2013 referente ao incremento da taxa de reciclaxe dos residuos de envases de vidro incluídos dentro do ámbito de actuación de Ecovidrio procedentes do tratamento de RU en Sogama. Novo certificado de rastrexabilidade.

18.5.2015

17.5.2018

sen custo

Lipor. Servizo Intermunicipado de Xestión de Residuos do Grande Porto

CV9/2015

Protocolo de colaboración entre Sogama e Lipor, entidade portuguesa que xestiona os residuos producidos por oito municipios da zona de Grande Porto.

20.5.2015

19.5.2016

3.000 € IVE incluído

Campus Universitario de Lugo

CV10/2015

Convenio de colaboración entre Sogama e a Fundación Campus Universitario de Lugo, a través da Escola Universitaria de Relacións Laborais, para indagar nas posibilidades da actividade económica e social xerada polo sector do ambiente.

18.6.2015

17.6.2016

9.000 € + IVE

Confederación de Empresarios de Lugo

CV11/2015

Convenio de cooperación para que a CEL leve a cabo un programa de formación dirixido a desempregados, empresarios, autónomos e emprendedores centrado en temáticas ambientais.

10.3.2015

9.8.2015

4.227,95 € período

Feuga

CV12/2015

Prórroga do convenio de colaboración para o programa de bolsas para licenciados e/ou diplomados en enxeñaría técnica industrial especialidade química industrial. Beneficiaria: Paula Vázquez Collazo.

1.6.2015

30.11.2015

5.073,54 €

Feuga

CV13/2015

Prórroga do convenio de colaboración para o programa de bolsas para licenciados en dirección e administración de empresas. Beneficiaria: Almudena Fernández Gende.

13.5.2015

12.11.2015

5.073,54 €

Feuga

CV13/2015

Prórroga do convenio de colaboración para o programa de bolsas para licenciados e/ou diplomados en educación social. Beneficiario: Marcos Moar Calvo.

5.8.2015

31.12.2015

40.000 € IVE incluído. Sogama pagará o 50 %

Deputación Provincial de Ourense

CV13/2015

Convenio de cooperación entre Sogama e a Deputación de Ourense para a realización da campaña de compostaxe doméstica 2015, aberta a todos os cidadáns dos 50 concellos aos cales a deputación lles presta o servizo de RSU delegado.

Cerceda, 16 de setembro de 2015

Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.