Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 39121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de conversión en autovía do corredor CG-4.1, subtreito I, p.q. 0+000-3+250 (clave PO/12/070.01.1; expediente E/011/2015).

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, ao abeiro das competencias atribuídas polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, resolveu formalizar o seguinte contrato administrativo de obras:

I. Contratación suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria da obra de conversión en autovía do corredor CG-4.1, subtreito I: p.q. 0+000-3+250. Clave: PO/12/070.01.1. Expediente: E/011/2015.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: PO/12/070.01.1. (E/011/2015).

2. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp? N=22324

3. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: conversión en autovía do corredor CG-4.1, subtreito I: p.q. 0+000-3+250.

c) CPV: 45233000-9.

d) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (6.4.2015); Boletín Oficial del Estado (9.4.2015); Diario Oficial de Galicia (13.4.2015).

4. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto multicriterio.

5. Valor estimado do contrato: 16.310.260,61 €.

6. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 16.310.260,61 €. Importe total: 19.735.415,34 €.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 29.7.2015.

b) Data de formalización do contrato: 7.9.2015.

c) Adxudicataria: S.A. de Obras y Servicios (COPASA).

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 12.668.100,00 €. Importe total: 15.328.401,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas