Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 39125

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento e coordinación da arquitectura dos sistemas de análise corporativos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 17/2015).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento de sistemas de análise de referencia para a configuración da arquitectura corporativa de cadros de mando da Xunta de Galicia, e dinamización da plataforma de cadro de mando.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE y BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 14.1.2015.

DOUE: 13.1.2015.

BOE: 23.1.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 705.600,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 336.000,00 €, máis 70.560,00 € en concepto de IVE (21 %), o que supón un total de 406.560,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 2.7.2015.

b) Data de formalización do contrato: 13.8.2015.

c) Contratista: UTE Equipo de Consultores Alamo Consulting Group, S.L. y Eurohelp Consulting, S.L.

d) Importe de adxudicación: 324.256,77 € (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia