Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 39115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 23 de setembro de 2015 polo que se acorda dar publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para o financiamento de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no ámbito agroalimentario, agrícola e forestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2015.

A través da Orde do 12 de decembro de 2014 establécense as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para o financiamento de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no ámbito agroalimentario, agrícola e forestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2015. A dita orde foi publicada no DOG do 23 de decembro de 2014.

Segundo o artigo 14, puntos 2 e 7, da Orde do 12 de decembro de 2014 e o artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

De acordo co anterior,

ACORDO:

Facer públicas no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para o financiamento de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no ámbito agroalimentario, agrícola e forestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2015, nos termos que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2015

P.D. (Orde 30.3.2012)
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Programa e crédito orzamentario:

Esta orde financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 12.20.561A.770.0 por un valor total de 910.000 euros. A concesión de subvencións imputadas ao exercicio correspondente ao ano 2015 está condicionada á existencia de dotación económica suficiente en cada momento. Financiarase integramente con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao 75 %.

Finalidade:

Desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario e forestal.

Beneficiarios, proxectos e contías:

Expediente

Título

Beneficiario

CIF

Axuda concedida (euros)

2015

Feader 2015/51

Deseño e elaboración de produtos alimenticios de quinta gama; valorización de subprodutos derivados do porco celta

Coporcel, S.L.

B27409044

81.795,58

Feader 2015/38

Castanea fertiporcus

Boibel Forestal, S.L.

B15492705

86.425,52

Feader 2015/39

Salgueiralnovo: reenxeñaría do seu proceso produtivo & Greening da PAC

Industrias del Tablero, S.A. (Intasa)

A15104110

90.623,33

Feader 2015/34

Eirawine: creación de espazo para a valorización e multiplicación de variedades autóctonas minoritarias no Ribeiro

Cume do Avia, SCG

F32337123

41.868,42

Feader 2015/28

Efecto da dieta de acabamento sobre a calidade da carne de pavo. Modificación do perfil de ácidos graxos e incremento da vida útil mediante atmosferas modificadas

Cooperativas Ourensanas, S. Coop. S.A.

F32001976

59.342,85

Feader 2015/32

Fecuvar: caracterización agronómica e tipificación de variedades de pataca Feculera: aproveitamento da pataca de destrío da Limia

Almacenes Gamallo, S.L.

B32145013

50.043,46

Feader 2015/12

Estado de maduración óptimo de variedades da D.O. O Ribeiro para a elaboración de viños base

CRDO O Ribeiro

Q8255201I

15.820,16

Feader 2015/26

Efecto descontaminante do ácido láctico sobre pezas de vacún nos puntos de venda. Estudo preliminar do ácido láctico en canais de porcino

Asociación Gallega de la Carne (Asogacarne)

G15350465

39.076,29

Feader 2015/01

Aproveitamento e xestión integral de biomasa procedente de restos leñosos urbanos e periurbanos con fins enerxéticos e outros usos agroforestais

Calfensa Proyectos, S.L. (1)

B27182682

65.688,91

Feader 2015/47

Diferenciación e calidade como estratexia para impulsar o mercado da ovella galega: desenvolvemento de novos produtos e cortes comerciais

Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga)

G32280729

24.528,63

Feader 2015/48

Ensaios estruturais de sistema construtivo completo en madeira galega

Maderas Besteiro, S.L.

B27011477

13.581,15

Feader 2015/31

Vermifitas: planta piloto para un sistema modular de filtraxe de xurro ecolóxico

Ecocelta Galicia, S.L. (1)

B36449643

30.701,52

Feader 2015/27

Optimización do período de maduración en vacún

Novafrigsa, S.A.

A27199140

47.006,22

Feader 2015/41

O Leite de Pastos de Galicia como novo produto premium: características e verificación da súa procedencia alimentaria

Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL) (1)

G15228141

39.868,09

Feader 2015/08

Sistemas piloto de tratamento de efluentes e escorremento producidos nas explotacións gandeiras de vacún en Galicia

Calfensa Proyectos, S.L. (2)

B27182682

88.630,22

Feader 2015/29

Desenvolvemento de novos produtos baseados na castaña, cogomelos e mel

Auriensis Selectum

B32436032

18.497,10

Feader 2015/18

Innoalcoop: innovación no procesamento de alimentos de V gama funcional procedentes das cooperativas galegas (hortícolas, cunícolas e lácteas)

Agaca

F15156557

35.959,19

Feader 2015/40

Avaliación do efecto da contaminación multimicotoxinas en ensilaxes sobre a calidade do leite producido nas explotacións de vacún en Galicia

Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL) (2)

G15228141

35.681,39

Feader 2015/50

Centro de extracción de seme para a raza autóctona porcina celta

Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel)

G27243500

28.462,26

Feader 2015/21

Nitrodegal: produción de fertilizante líquido nitroxenado e substrato hortícola mediante vermicompostaxe

Ecocelta Galicia, S.L. (2)

B36449643

16.399,67