Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 39111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 18 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente relativo á solicitude de responsabilidade patrimonial da Administración por extinción de incendios.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada a súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado, dispón dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial do Medio Rural e do Mar, Servizo Xurídico-Administrativo, sitas na rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4 e 6 baixo, en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ourense, 18 de setembro de 2015

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesada: Teodora Bugueiro Fernández.

Acto de notificación: resolución de inadmisión a trámite de solicitude de responsabilidade patrimonial.