Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 39092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato das obras de construción dunha minirresidencia con dependencias destinadas á promoción da autonomía persoal no concello de Paradela (Lugo).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Número de expediente: 118/2014.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21671

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: obras de construción dunha minirresidencia con dependencias destinadas á promoción da autonomía persoal no concello de Paradela (Lugo).

(CPA: 41.00.3), (CPV: 45000000-7).

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 247, do 26 de decembro de 2014.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 1.484.497,63 €. IVE (10 %): 148.449,76 €. Importe total: 1.632.947,39 €.

Esta contratación englóbase dentro das actuacións incluídas no convenio específico asinado o 7 de maio de 2012, entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente e a Comunidade Autónoma de Galicia, para a execución, o seguimento e a avaliación das accións incluídas nos plans de zona das súas zonas rurais, publicado por Resolución do 22 de maio de 2012 no Boletín Oficial del Estado (BOE núm. 139, do 11 de xuño). O eixe, a medida e o tipo de actuación son os seguintes: 3.32.CA.1 mellora das estruturas para a protección social no medio rural.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 24 de xullo de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 24 de agosto de 2015.

b) Contratista: Obras y Servicios Gómez Crespo, S.L.

c) Importe de adxudicación:

Importe neto: 1.201.255,48 €. IVE (10 %): 120.125,55 €. Importe total: 1.321.381,03 €.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2015

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar