Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 39102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 26 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o inicio do procedemento de reintegro e a resolución revogatoria por renuncia da subvención á contratación indefinida inicial, regulados na Orde do 21 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 4 de xuño).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación dos actos administrativos que se indican no anexo no último domicilio coñecido do interesado sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á entidade beneficiaria citada no dito anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada no Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo; rúa Concepción Arenal, 8, 2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquela, advertíndoa de que, de non facelo así se considerará notificada cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para alegar ao inicio do procedemento de reintegro o que máis conveña aos seus intereses no prazo de quince días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar.

Por outra banda, informámola sobre o dereito que a asiste para interpor recurso contencioso-administrativo contra a resolución revogatoria, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 26 de agosto de 2015

P.A. (Decreto 42/2012, do 21 febreiro)
Susana Figueroa Martínez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: TR 349A 2014/121-5.

Nº de expediente de reintegro: REINTG 2015/156-5.

Nome: Talk Quality, S.L.

CIF/NIF: B27790823.

Último enderezo coñecido: rúa Sanjurjo Badía, 103, entrechán dereita, 36207 Vigo.

Tipo de axuda: axudas á contratación indefinida inicial.

Contido do acto administrativo: inicio do procedemento de reintegro.

Data: 18 de agosto de 2015.

Feito imputado: baixa das persoas traballadoras subvencionadas.

Precepto infrinxido: incumprimento das obrigas establecidas na base sétima punto 1 do anexo I da Orde do 21 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Nº de expediente: TR349A 2014/499-5.

Nome: Talk Quality, S.L.

CIF/NIF: B27790823.

Último enderezo coñecido: rúa Sanjurjo Badía, 103, entrechán dereita, 36207 Vigo.

Tipo de axuda: axudas á contratación indefinida inicial, Orde do 21 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Contido do acto administrativo: resolución de revogación da subvención por renuncia do interesado.

Data: 15 de xullo de 2015.