De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común
(LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante a presente cédula a Pazos Souto, S.L. o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 26 de marzo de 2015 que fixa o prezo xusto do predio número 37 Co, sito en Brión, relativo ao proxecto 01368, expediente 2013/001254, cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.
3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2015
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o que se expropia: 01368-modificado nº 2 da AC-300, ramal de acceso á autovía Santiago-Brión. Clave: AC/05/002.03.1.M2.
Nº de expediente: 2013/001254.
Persoa que se notifica: Pazos Souto, S.L.
Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.
Expropiada: Pazos Souto, S.L.
Beneficiaria: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.
Predio número: 37 Co.
Concello: Brión.
Provincia: A Coruña.
Valoración da resolución do xurado: 26.081,17 €.