Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38875

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 14 de setembro de 2015 pola que se notifica o Acordo do 16 de xullo de 2015 que fixa o prezo xusto do predio número 2, sito en Ponteceso, relativo ao proxecto 01517 (expediente 2015/000388).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Hros. Antonio Mosqueira Villar o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 16 de xullo de 2015 que fixa o prezo xusto do predio nº 2, sito en Ponteceso, relativo ao proxecto 01517, expediente 2015/000388, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela 15703.

3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2015

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 01517 construción de sendas peonís na AC-423, p.q. 11,580 e 13,970. Clave: AC/13/063.06. Tm Ponteceso.

Nº de expediente: 2015/000388.

Persoas que se notifican: Hros. Antonio Mosqueira Villar.

Expropiante: CMATI. Servizo de Infraestrutura da Coruña.

Expropiadas: Hros. Antonio Mosqueira Villar.

Beneficiaria: CMATI. Servizo de Infraestrutura da Coruña.

Predio: 2.

Concello: Ponteceso.

Provincia: A Coruña.

Valoración da resolución do xurado: 6.545,86 €.