Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38800

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra

EDICTO (169/2013).

No presente procedemento de xuízo verbal 169/2013, seguido por instancia de Taelpo Suministros Industriales, S.L. fronte a Daniel Otero Méndez, se ditou sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolución:

Que estimando integramente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais María del Amor Angulo Gascón, en nome e representación da sociedade mercantil Taelpo Suministros Industriales, S.L., debo condenar e condeno a Daniel Otero Méndez a que indemnice a demandante na cantidade de 2.000 euros máis os xuros por mora, desde a interposición da demanda ata o seu efectivo pagamento. Así mesmo, deberá aboar os xuros legais desde a data da sentenza, incrementados en dous puntos.

Con expresa imposición das custas ao demandado.

Notifíquese esta resolución ás partes, cuxo orixinal quedará rexistrado no libro de sentenzas e quedará testemuño dela nestes autos.

Así o acordo, mando e asino».

E ao estar o dito demandado, Daniel Otero Méndez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 9 de outubro de 2013

O secretario xudicial