Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38752

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as bolsas concedidas ao abeiro da Orde do 27 de abril de 2015 pola que se aproban as bases reguladoras para a convocatoria de oito bolsas de formación de persoal experto en cooperación internacional para o desenvolvemento.

Conforme o establecido na base sexta punto 1 da Orde do 27 de abril de 2015 pola que se aproban as bases reguladoras para a convocatoria de oito bolsas de formación de persoal experto en cooperación internacional para o desenvolvemento, publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución de concesión.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles as bolsas convocadas ao abeiro da Orde do 27 de abril de 2015, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se aproban as bases reguladoras para a convocatoria de oito bolsas de formación de persoal experto en cooperación internacional para o desenvolvemento, ás persoas candidatas relacionadas no anexo I.

Segundo. Establecer a listaxe de reserva, por orde de prelación, que se indica no anexo II desta resolución, para o caso de renuncia dalgunha das bolsas concedidas.

Terceiro. Denegar o resto das solictudes presentadas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso postestativo de reposición ante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde a mesma data. En todo caso, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza o rexeitamento presunto do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2015

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO I

Persoas adxudicatarias

Apelidos

Nome

Puntuación

Destino

Contía da bolsa

1

Atienza de Andrés

María

21,25

OTC Ecuador

17.400 €

2

Beceiro García

Esther

20,50

OTC R. Dominicana

17.400 €

3

Valle Duque

Marta

19,25

FAO Guatemala

17.400 €

4

Gavin Bermúdez

Belén

19,00

DXRE Santiago

12.000 €

5

Sánchez de la Cruz

Cristina

16,50

OTC Perú

17.400 €

6

Durán Díaz Tejeiro

Gabriela

16,00

DXRE Santiago

12.000 €

7

Martínez López

Cynthia

16,00

OTC Nicaragua

17.400 €

8

Ruíz Neira

Zeltia

15,75

OTC Mozambique

17.400 €

ANEXO II

Lista de reserva

Apelidos

Nome

Puntuación

1

Gesto Casas

Tania

14,50

2

Vicente Díaz

Luis

14,00

3

González Álvarez

Uxía

13,50

4

Bisquert I Pérez

Kylyan Marc

13,00

5

Barreiro Rey

Alejandra

12,50

6

Oseira Maradona

Gemma

12,00

7

Cives Vilaboa

Lorena

11,75