Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38848

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 16 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica a resolución para declarar a perda total do dereito ao cobramento do expediente C-51-PDR-10.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución para declarar a perda total do dereito ao cobramento relativo ao expediente C-51-PDR-10.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

A interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Industrias e Comercialización da Subdirección Xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria, situadas na rúa do Camiño Francés, nº 8-10, 15703 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Sen prexuízo do anterior, concédeselle á interesada un prazo de quince días hábiles para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue conveniente ao seu dereito, contado a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, ante a Consellería do Medio Rural e do Mar (Subdirección Xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria).

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: C-51-PDR-10.

Interesada: CV Hortalizas, S.C.

Acto de notificación: resolución para declarar a perda total do dereito ao cobramento.

Último enderezo coñecido: polígono do Tambre, s/n, Mercagalicia (posto 32), 15890 Santiago de Compostela (A Coruña).