Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38741

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 118/2015, do 4 de outubro, polo que se dispón que cese Francisco José Conde López como conselleiro de Economía e Industria.

De conformidade co artigo 16.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e co artigo 26.1 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, na súa redacción dada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, na súa condición de conselleiro de Economía e Industria, Francisco José Conde López, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, catro de outubro de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente