Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2015 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, do contrato mixto, suxeito a regulación harmonizada, para a xestión indirecta do servizo portuario de recepción de refugallos xerados por buques, servizo de recollida, transporte e xestión de residuos perigosos nos portos e servizo de limpeza, recollida, transporte e xestión de residuos perigosos na lámina de auga, nos portos dependentes desta entidade no sector norte (expediente 2/2015/CNTSE).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Desenvolvemento e Estratexia Portuaria.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: entidade pública Portos de Galicia. División de Contratación.

2º. Domicilio: praza de Europa, 5-A, 6º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

4º. Teléfono: 981 95 70 25.

5º Correo electrónico: laura.gonzalez.gurgueiro@xunta.es

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP), o de prescricións técnicas particulares (PPT) e o cadro de características do contrato (CCC) poderanse obter no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23424

7º. Data límite de obtención de documentación e información: a sinalada no número 1.2 do CCC.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: mixto (prestación de servizos e xestión de servizo público).

b) Descrición: o presente contrato ten por obxecto a prestación dos servizos indicados no número 4.1 do CCC, axustándose aos termos definidos no PPT.

c) División por lotes e número de lotes/ número de unidades: non hai.

d) Lugar de execución/entrega: os servizos serán prestados nos portos definidos no anexo I do PPT, situados no sector norte de Portos de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: tres anos con posibilidade de prórroga por un ano mais.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto; sistema multicriterio.

c) Criterios de adxudicación: os criterios de valoración das ofertas serán os establecidos na cláusula 4.8.2 do PCAP.

4. Valor estimado do contrato: 288.809,09 euros, IVE excluído (equivalente ao orzamento de licitación e a súa eventual prórroga de contrato por un ano, incrementado nun 10 %, para modificacións previstas na cláusula 8.1.1.2 do PCAP).

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 196.915,29 euros.

b) Importe do IVE (21 %): 41.652,21 euros.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo R; subgrupo 5; categoría a.

b) Solvencia económica ou financeira: non resulta necesaria a súa acreditación ao resultar exixible a clasificación.

c) Solvencia técnica e profesional: non resulta necesaria a súa acreditación ao resultar exixible a clasificación.

d) Outros requisitos de capacidade: os exixidos no número 9.3 do CCC.

e) Requisitos específicos para exixir ao adxudicatario do servizo: os exixidos no número 9.4 do CCC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións finalizará ás catorce (14.00) horas do día 16 de novembro de 2015.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro dos Servizos Centrais de Portos de Galicia.

2º. Domicilio: praza de Europa, 5-A, 6º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

Tamén poderán envialas por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, cumprindo cos requisitos establecidos na cláusula 4.6.1 do PCAP (teléfono: 902 40 08 70; fax: 981 54 53 24).

c) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 4.7 do PCAP e nos números 9 e 12 do CCC.

d) As proposicións presentaranse en tres (3) sobres pechados, segundo se especifica na cláusula 4.7 do PCAP

e) Admisión de variantes: non se admite a súa presentación.

f) Melloras: neste procedemento os licitadores poderán ofertar melloras sobre as condicións mínimas obrigatorias indicadas no PPT. Estas melloras poderán referirse aos aspectos recollidos no número 5.2 do CCC.

g) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións económicas.

9. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da EPPG, praza de Europa, 5-A, 6º (Área Central-polígono das Fontiñas).

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

c) Data e hora: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte, e darase publicidade no perfil do contratante da data e hora exacta en que terá lugar o dito acto.

Se por algún motivo houbese que modificar a data de realización dalgún acto público de apertura de ofertas, reflectirase a nova data no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: os gastos que deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 29 de setembro de 2015.

12. Outras informacións: a mesa, en cumprimento do disposto na cláusula 4.8.1.1 do PCAP, examinará e cualificará a documentación administrativa do sobre A e comunicaralle ao licitador e publicará no perfil do contratante os defectos observados, co fin de que, se fose o caso, se emenden dentro do prazo que se indique.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia