Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 2 de outubro de 2015 Páx. 38709

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 11 de setembro de 2015 pola que se notifica o Acordo do 7 de maio de 2015 que fixa o prezo xusto do predio número baixo esquerda, sito na Coruña, relativo ao proxecto 01409 (expediente 2014/000528).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a María Antonia Azpilicueta Zon o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 7 de maio de 2015 que fixa o prezo xusto do predio nº baixo esquerda, sito na Coruña, relativo ao proxecto 01409, expediente 2014/000528, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición da interesada nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2015

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01409 expropiación parcial na rúa Gil Vicente 13. Tm A Coruña.

Nº de expediente: 2014/000528.

Persoa que se notifica: María Antonia Azpilicueta Zon.

Expropiante: Concello da Coruña (Servizo de Vivenda e Rehabilitación).

Expropiada: María Antonia Azpilicueta Zon e outros.

Beneficiaria: Comunidade de Veciños Gil Vicente nº 13.

Predio: baixo esquerda.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Valoración resolución do xurado: 3.150,00 €.