Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 2 de outubro de 2015 Páx. 38682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de setembro de 2015 polo que se fai público o requirimento ditado no expediente de denuncia en materia de verteduras de augas residuais de clave DH.D15.50056.

Con data do 17 de agosto de 2015 ditouse requirimento en materia de verteduras de augas residuais no expediente de denuncia de referencia seguido contra Hotel Park Ría Noya, S.L. (t.m. Noia).

Intentada a notificación do dito acto por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle o requirimento ao interesado e fáiselle saber que unha copia del se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado a partir do día desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do dito acordo e presentar as alegacións que conveñan ao seu dereito.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia