Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 2 de outubro de 2015 Páx. 38719

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (M-10/2015).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: M-10/2015.

2. Obxecto do contrato: mantemento de extintores e bocas de incendio equipadas (BIE) existentes nos centros docentes públicos de educación infantil e primaria. Duración: catro anos prorrogables por dous máis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 3.390,09 € anuais (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es .Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e remata ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxanse pregos reguladores da contratación.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 24 de setembro de 2015

P.D. (Decreto 15.6.2015)
Mª Eugenia Vieito Blanco
Tenente alcalde responsable de Facenda e Administración