Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Domicilio social: San Caetano, s/n, 15701 Santiago de Compostela.
Denominación: LMTS, CS e CT de 400 kVA para IES de Culleredo.
Situación: estrada de Rutis, s/n.
Descricións técnicas: LMTS co inicio na liña existente SMC704 entre o CSA 15CQE8 e o CT 15CBK5A, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2), Al, lonxitude 15+15, e remate no centro de seccionamento proxectado.
Centro de seccionamento en edificio de obra civil compartido co centro de transformación. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptores-seccionadores (24 kV, 400 A, 16 kA).
Centro de transformación anexo ao CS con celas prefabricadas de seccionamento, protección e medida (24 kV, 400 A, 16 kA) e transformador seco de 400 kVA e relación 15-20 kV/420 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos na rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
A Coruña, 9 de setembro de 2015
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña