Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 2 de outubro de 2015 Páx. 38663

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 17 de setembro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a comunicación en relación cun expediente de compatibilidade.

Con data do 6 de xullo de 2015, o director xeral da Función Pública realiza unha comunicación a Enrique Diego Fernández Pérez en relación cun expediente de compatibilidade.

Logo de tentar dúas veces a notificación da comunicación a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido practicar, e foron devoltas polo dito servizo por «non retirado», tras os dous intentos, respectivamente, en que consta «ausente repartición». Posteriormente tentouse a notificación no seu lugar de traballo e tampouco se puido practicar.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio notifica a Enrique Diego Fernández Pérez comunicación en relación con expediente de compatibilidade.

O interesado pode recoller a comunicación mediante comparecencia nas dependencias da oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o referido prazo sen tela recollido, terase por cumprido o trámite.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública