Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 1 de outubro de 2015 Páx. 38411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Illa de Arousa (expediente IN407A 2015/149-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Compañía de Electrificación, S.L.

Domicilio social: praza Doutor Carús 7-1º C (edif. León XIII), 36600 Vilagarcía de Arousa.

Denominación: LMTS, CT, RBT Camaxe.

Situación: A Illa de Arousa.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 598 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación Vado e final no CT proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado en Camaxe, A Illa de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 25 de agosto de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra