Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 30 de setembro de 2015 Páx. 38219

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de maio, xuño,
xullo e agosto de 2015

Convenio

Importe

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Coordinadora Galega de Organizacións non Gobernamentais para o Desenvolvemento para a execución do proxecto Fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD do ano 2015. Aumentada a lexitimidade da coordinadora galega de ONGD como plataforma de representación única das ONGD galegas e como plataforma de promoción da transformación social e a defensa da política pública de cooperación e mantida a súa capacidade na prestación de servizos ás ONGD socias

90.000 €

20.4.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Española ACNUR (Comité Español del ACNUR, Agencia de Naciones Unidas para los Refugiados) para a execución do proxecto Acceso a auga potable para os/as refuxiados/as sudaneses no leste do Chad

20.000 €

27.4.2015

Convenio de colaboración e coordinación entre o Ministerio do Interior e a Xunta de Galicia en materia de seguridade nos edificios da Administración de xustiza en Galicia

1.738.650,49 €

30.4.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e UNRWA (Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina) Comité Español, para o proxecto Contribuíndo á supervivencia da poboación refuxiada palestina a través da provisión de alimentos

20.000 €

4.5.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e a Fundación Unicef Comité Galicia, para dar resposta á emerxencia humanitaria tras o terremoto en Nepal

25.780,45 €

5.5.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e o Concello de Vila de Cruces, para a reparación e o acondicionamento dun local social no cal se desenvolverán actividades relacionadas coa promoción da igualdade e o fomento do asociacionismo feminino

12.000 €

8.5.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a atención psicolóxica a mulleres que sofren violencia de xénero, e complementariamente para as súas fillas e fillos menores e outras persoas do seu ámbito familiar que vivan ou padezan situacións de violencia de xénero, e atención psicolóxica a homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar

154.600 €

12.5.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e o Concello de Culleredo para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do Concello

46.000 €

12.5.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Ourense para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do Concello, cofinanciado con Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia

66.500 €

12.5.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Ferrol para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do Concello, cofinanciado con Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia

66.500 €

12.5.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Lugo para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do Concello, cofinanciado con Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia

61.500 €

12.5.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello da Coruña para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do Concello, cofinanciado con Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia

46.500 €

12.5.2015

Convenio de colaboración entre a Fundación da EOI e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Secretaría Xeral da Igualdade) da Xunta de Galicia, para a difusión e comunicación dos resultados da Plataforma de emprendemento en feminino, para o fomento da competitividade das emprendedoras e pemes da Comunidade Autónoma de Galicia

8.000 €

13.5.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Centro Tecnolóxico do Mar (Fundación Cetmar) para o proxecto Reforzo da acuicultura rural a pequena escala e a investigación pesqueira en Cabo Delgado, Mozambique

120.265,90 €

18.5.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento e as comunidades autónomas de Galicia, La Rioja, Castilla-La Mancha, Illes Balears, Madrid, Extremadura e Comunitat Valenciana para a programación conxunta en materia de acción humanitaria

150.000 €

20.5.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e as tres universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o proxecto de consolidación da Rede galega de cooperación universitaria para o desenvolvemento

102.633 €

21.5.2015

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello do Grove para o mantemento dun grupo local de atención a emerxencias

33.343,32 €

22.5.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Galega de Apicultura en materia de protección civil

20.000 €

25.5.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación de Cans de Salvamento de Galicia en materia de protección civil

8.000 €

25.5.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en materia de protección civil

21.000 €

25.5.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Provincial de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios de Protección Civil da Coruña en materia de protección civil

5.500 €

25.5.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Federación de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Provincia de Lugo en materia de protección civil

5.500 €

25.5.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Provincial de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios de Protección Civil de Pontevedra en materia de protección civil

5.500 €

25.5.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense e Provincia, en materia de protección civil

5.500 €

25.5.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello do Carballiño en materia de protección civil, contra incendios e salvamento, para colaborar nos gastos de persoal e mantemento do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil

8.000 €

22.6.2015

Convenio entre a Xunta de Galicia, a Fiscalía Xeral do Estado, a Deputación Provincial da Coruña e o Centro de Estudos Xurídicos, relativo ao Programa de formación continuada de fiscais Escola de verán do Ministerio Fiscal

25.000 €

23.6.2015

Convenio marco entre a Administración xeral do Estado e a Xunta de Galicia para a implantación dunha rede de oficinas integradas de atención ao cidadán no ámbito territorial de Galicia

0 €

26.6.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Institución Benéfico-Social Padre Rubinos

20.000 €

2.7.2015

Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e mais a Deputación Provincial da Coruña relativo á Escola de verán do Poder Xudicial, programa de formación continuada dos/das integrantes da carreira xudicial para o ano 2015

25.000 €

7.7.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello da Estrada en materia de protección civil

10.000 €

27.7.2015

Convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello de Paderne de Allariz para a execución do proxecto denominado reforma de instalación de iluminación exterior

30.000 €

30.7.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e a Fundación Policía Española

15.000 €

31.7.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Baiona, para a contratación de auxiliares de policía local, durante a tempada de verán

14.000 €

3.8.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Cangas, para a contratación de auxiliares de policía local, durante a tempada de verán

7.000 €

3.8.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Nigrán, para a contratación de auxiliares de policía local, durante a tempada de verán

7.000 €

3.8.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello do Grove, para a contratación de auxiliares de policía local, durante a tempada de verán

14.000 €

3.8.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Poio, para a contratación de auxiliares de policía local, durante a tempada de verán

7.000 €

3.8.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Ribeira, para a contratación de auxiliares de policía local, durante a tempada de verán

7.000 €

3.8.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Sanxenxo, para a contratación de auxiliares de policía local, durante a tempada de verán

14.000 €

3.8.2015