Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 30 de setembro de 2015 Páx. 38315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización dun contrato administrativo.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, que aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Contratación administrativa da xestión do servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial terapéutica para persoas con parálise cerebral no concello de Vigo, coa Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP), polo procedemento negociado sen publicidade e por exclusividade.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PN 40-2015.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial terapéutica para persoas con parálise cerebral no concello de Vigo, coa Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP).

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade (exclusividade).

1.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 227.610 € (exento IVE).

1.5. Formalización:

a) Data: 24.8.2015.

b) Contratista: Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 182.720,25 € (exento IVE).

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2015

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar