Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 30 de setembro de 2015 Páx. 38327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 30 de xuño de 2015, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude dunha concesión administrativa dentro do dominio público portuario do porto de Cedeira por parte de Martín García Iglesias, con destino á explotación do bar-cafetaría da lonxa.

Martín García Iglesias presenta escrito de solicitude dunha concesión administrativa dentro do dominio público portuario do porto de Cedeira con destino á explotación do bar-cafetaría da lonxa.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte de Portos de Galicia, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 30 de xuño de 2015

Antonio López Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Norte de Portos de Galicia