Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 29 de setembro de 2015 Páx. 38032

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2015 pola que se dá publicidade da encomenda de xestión a Tragsatec, ordenada pola Resolución da Consellería de Economía e Industria do 23 de setembro de 2015, para realizar tarefas de xestión do plan Reforma 15.

En cumprimento dos artigos 9.3 e 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, procédese a dar publicidade á encomenda de xestión a Tragsatec, ordenada pola Resolución da Conselleríaconselleiro de Economía e Industria do 23 de setembro de 2015 para realizar tarefas de xestión do plan Reforma 15 do Igape .

1. A actividade obxecto de encomenda é a realización de labores de xestión e tramitación dos expedientes que se presenten ao abeiro do novo programa de axudas do plan Reforma 15 do Igape.

2. Tragsatec cumpre cos requisitos establecidos nos artigos 4.1.n) e 24.6 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, por disposición expresa do establecido na disposición adicional vixésimo quinta do mesmo texto legal, tendo a consideración de medio propio instrumental das comunidades autónomas e poderes adxudicadores dela dependentes, como é o caso do Igape, e está obrigada a realizar, con carácter exclusivo, os traballos que estas lles encomenden na consecución dos seus obxectivos de interese público nas materias sinaladas no número 4 da disposición adicional vixésimo quinta do TRLCSP.

A relación de Tragsatec coa Consellería de Economía e Industria-Igape ten natureza instrumental e non contractual, e é de carácter interno, independente e subordinado, tal como resulta do artigo 2 do Real decreto 1072/2010, do 20 de agosto, polo que se desenvolve o réxime xurídico da Empresa de Transformación Agraria, Sociedade Anónima e das súas filiais.

A Consellería de Economía e Industria, a través do Igape, na súa condición de órgano competente e promotor das actuacións, exercerá en todo momento o control da execución da encomenda, a cal non supón cesión de titularidade da competencia nin dos elementos substantivos do seu exercicio, e será responsabilidade do encomendante ditar os actos e resolucións que dean soporte ás tarefas materiais obxecto de encomenda.

Tragsatec actuará no desenvolvemento das actuacións obxecto de encomenda en calidade de entidade colaboradora na xestión de axudas públicas do Igape, ao prestar apoio na xestión das axudas do plan Reforma 15, nos termos regulados nos artigos 9, 12 e concordantes da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e sen que esta colaboración se extenda á entrega e distribución de fondos.

3. O prazo de execución dos traballos será de seis meses desde a data de inicio da execución, e poderá prorrogarse por igual período en caso de persistencia da necesidade da encomenda.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2015

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica