No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 501/2015 (procedemento abreviado), interposto por Juan Antonio Calderón Alva contra a Resolución do 24 de abril de 2015, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se exclúe o recorrente da participación, pola quenda de promoción interna, no proceso selectivo para o ingreso na categoría de facultativo/a especialista de área de diversas especialidades, convocado por Resolución do 11 de decembro de 2008, da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 247, do 22 de decembro) (categoría: facultativo/a especialista de área de Anatomía Patolóxica).
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no xulgado no prazo de nove (9) días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2015
P.S. (Artigo 18.3 do Decreto 43/2013 e 9.d) da Orde do 5.7.2012)
María Jesús Rúa Moure
Subdirectora xeral de Selección e Políticas de Persoal