Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 29 de setembro de 2015 Páx. 38139

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de vixilancia e seguridade nos edificios e instalacións dos centros prestadores de servizos sociais dependentes desta consellería (expediente 68/2015).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica, Subdirección Xeral de Contratación e Control).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfonos: 981 54 01 13/981 54 29 99.

4º. Fax: 981 54 01 18.

5º. Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día do prazo de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 68/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade nos edificios e instalacións dos centros prestadores de servizos sociais dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

c) División por lotes e número de lotes: si, 2.

Lote 1. Centros de menores dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

Lote 2. Outros centros prestadores de servizos sociais dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

d) Lugar de execución/entrega: nos centros de menores e noutros centros prestadores de servizos sociais dependentes da Consellería de Traballo e Benestar que conforman cada un dos lotes do contrato.

e) Prazo de execución/entrega: establécese para cada lote. O lote 1 entrará en vigor o 1 de decembro de 2015 e o lote 2 o 16 de decembro de 2015 e ambos os dous terminarán o 31 de decembro de 2016. As datas de integración concretas dos distintos centros son as que se establecen na cláusula 5 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

f) Admisión de prórroga: si; por 10 meses.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase a cláusula 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado:

a) Valor estimado do contrato: tres millóns cento setenta e nove mil setecentos setenta euros con sesenta e dous céntimos (3.179.770,62 €).

b) Valor estimado por lote:

– Lote 1. Centros de menores dependentes da Consellería de Traballo e Benestar: 2.089.782,69 €.

– Lote 2. Outros centros prestadores de servizos sociais dependentes da Consellería de Traballo e Benestar: 1.089.987,93 €.

5. Orzamento:

a) Orzamento distribuído por anualidades segundo os lotes:

– Lote 1. Centros de Menores dependentes da Consellería de Traballo e Benestar:

• 2015: 27.324,38 € + 5.738,12 € (IVE 21%) = 33.062,50 €.

• 2016: 841.395,73 € +176.693,10 € (IVE 21%) = 1.018.088,83 €.

Total: 1.051.151,33 €.

– Lote 2. Outros centros prestadores de servizos sociais dependentes da Consellería de Traballo e Benestar:

• 2015: 7.104,17 € + 1.491,88 € (IVE 21%) = 8.596,04 €.

• 2016: 483.206,49 € +101.473,36 € (IVE 21%) = 584.679,86 €.

Total: 593.275,90 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación de cada un dos lotes para os que presentase a proposición económica máis vantaxosa, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: segundo presente oferta para un dos lotes en que se divide este procedemento ou para ambos os dous lotes.

– Se a empresa presenta oferta para un só lote, a clasificación necesaria é a seguinte:

• Para o lote 1: grupo M (servizos especializados), subgrupo 2-3 (servizos de seguridade, custodia e protección e atención e manexo de instalacións de seguridade), categoría d.

• Para o lote 2: grupo M (servizos especializados), subgrupo 2-3 (servizos de seguridade, custodia e protección e atención e manexo de instalacións de seguridade), categoría c.

– Se a empresa presenta oferta para os dous lotes, a clasificación necesaria é a seguinte: grupo M (servizos especializados), subgrupo 2-3 (servizos de seguridade, custodia e protección e atención e manexo de instalacións de seguridade), categoría d.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: exclusivamente para os empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea, será suficiente que estes acrediten a súa solvencia económica e financeira e a técnica ou profesional da maneira relacionada na cláusula 16.C. da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido na cláusula 18 da folla de especificacións do PCAP.

c) Documentación que cómpre presentar: a sinalada no PCAP.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicaranse na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23406

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2015

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar