Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 29 de setembro de 2015 Páx. 38107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña e Culleredo (expediente IN407A 2015/224-1).

Expediente: IN407A 2015/224-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT, CT e RBT r/ Burdeos (A Zapateira).

Concello: A Coruña e Culleredo.

Características técnicas:

Retensado tramo liña de media tensión aérea GRN-714/GRN-716, entre apoios nº 25 e nº 26, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,062 km, coa orixe en apoio nº 25 existente do dobre circuíto que forman as liñas GRN-714 e GRN-716 ao seu paso pola Zapateira, condutor tipo Pigeon/99,22 mm2 (condutor existente) e final en apoio nº 26 proxectado para intercalar no dobre circuíto que forman as liñas GRN-714 e GRN-716 ao seu paso pola Zapateira.

Retensado tramo liña de media tensión aérea GRN-714/GRN-716, entre apoios nº 32 e nº 33, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,081 km, coa orixe en apoio nº 32 proxectado que substitúe o existente do dobre circuíto que forman as liñas GRN-714 e GRN-716 ao seu paso pola Zapateira, condutor tipo Pigeon/99,22 mm2 (condutor existente) e final en apoio nº 33 existente do dobre circuíto que forman as liñas GRN-714 e GRN-716 ao seu paso pola Zapateira.

Tramo liña de media tensión soterrada GRN-714, rúa Burdeos, a 15 kV, cunha lonxitude de 1,469 km, con orixe en paso aéreo a subterráneo para realizar no apoio nº 26 que se intercalará no dobre circuíto que forman as liñas GRN-714 e GRN-716 ao seu paso pola Zapateira, no tramo entre a derivada ao CT Airtel Mesoiro (expte. 26.752) e a derivada ao CT Os Aguaceiros (expte. 16/00) para substituír, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final no paso de subterráneo a aéreo para realizar no apoio nº 32 proxectado que substitúe o existente do dobre circuíto que forman as liñas GRN-714 e GRN-716, ao seu paso pola Zapateira, no tramo entre a derivada ao CT Os Aguaceiros (expte. 16/00) para substituír e o CR avda. de Vilaboa, nº 2 (expte. 194/96), despois de realizar entrada e saída no novo CT Os Aguaceiros, proxectado.

Tramo de liña de media tensión soterrada GRN-716, rúa Burdeos, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,993 km, coa orixe en paso aéreo a subterráneo para realizar no apoio nº 26 que se intercalará no dobre circuíto que forman as liñas GRN-714 e GRN-716, ao seu paso pola Zapateira, no tramo entre a derivada ao CT Escorial Aéreo (expte. 51.472) e a derivada ao CT Doutor Ferro (expte. 29.806) para retirar, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final no paso de subterráneo a aéreo para realizar no apoio nº 32 proxectado que substitúe o existente do dobre circuíto que forman as liñas GRN-714 e GRN-716, ao seu paso pola Zapateira, apoio onde se realiza a derivada aos CT Carrizo (expte. 50.124) e a Urb. Palavea Zapateira (expte. 34.083).

Tramo liña de media tensión soterrada GRN-714 a novo CT Os Aguaceiros, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,031 km, con orixe en cela de liña para instalar no novo CT Os Aguaceiros proxectado, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en empalmes proxectados na LMTS GRN-714, no tramo entre o CT Os Aguaceiros (expte. 16/00), para substituír e a derivada aos CT particulares Residencia Rialta e Residencia de Estudantes.

Novo centro de transformación prefabricado Os Aguaceiros, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Retirada do tramo de liña aérea entre os apoios nº 26 e nº 32 proxectados; a lonxitude da LMTA en condutor tipo Pigeon para retirar é de 676×2 m.

Desmontaxe dos tramos de liña aérea das derivadas que alimentan os CT Os Aguaceiros (expte. 16/00) e Doctor Ferro (expte. 29.806) en condutor LA-56.

Retirada dos centros de transformación Os Aguaceiros (expte. 16/00) e Doctor Ferro (expte. 29.806).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 27 de agosto de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña