Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 29 de setembro de 2015 Páx. 38099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 10 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-63/2015 RE e cinco máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

O acto foi acordado pola instrutora. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A comparecencia efectuarase no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede da Sección Xurídica desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 10 de setembro de 2015

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-63/2015 RE.

Denunciado: Constantin Adrian Cirlan.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-64/2015 RE.

Denunciado: Stefan Gabriel Plesca.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-66/2015 RE.

Denunciado: Mihai Ginga.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-69/2015 RE.

Denunciados: Toni Laurentiu Munteanu/Dinu Ionel Litra.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-70/2015 RE.

Denunciado: Cosmin Ionut Rinza.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-71/2015 RE.

Denunciada: Marian Turcu.

Acto notificado: proposta de resolución.