Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 29 de setembro de 2015 Páx. 38084

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 18 de maio de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 95, do 22 de maio), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

As listaxes de aspirantes admitidos/as poderanse consultar na páxina web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.es) e estarán á disposición dos/das aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Información e Rexistro dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.

A listaxe de aspirantes excluídos/as, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Os/as aspirantes excluídos/as, así como aqueles que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.

Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión, serán definitivamente excluídos/as.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso libre.

Apelidos e nome

NIF

Quenda

Motivo da exclusión

Díaz Fernández, Raúl

76416884M

Libre

17, 20, 58

García Roma, Sandra

35457589F

Libre

17, 20, 58

Marcos Rodríguez, Raúl

33337811R

Libre

17, 20, 58

Martín Fraga, Yhanna

32837897S

Libre

17, 20, 58

Rey Ferro, Carmelo

35453982B

Libre

17, 58

Seoane Hernández, Alejandro

45848873Y

Libre

58

Código

Descrición

17

Doc. xustif. de demandante de emprego 6 meses antes da convocatoria, non presentado

20

Taxas non aboadas

58

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego, non presentado