Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 29 de setembro de 2015 Páx. 38133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 7 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015335TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 31 de xullo de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador número 2015335TA-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Tito Castro Guerra, con DNI 76808631Q, como titular do establecemento Pub Bohemia.

Tras intentar a notificación deste acordo, consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non puido practicarse, polo que, mediante esta cédula, notifícaselle a Tito Castro Guerra o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, nº 43-1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 7 de setembro de 2015

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2015335TA-PO.

Denunciado: Tito Castro Guerra, con DNI 76808631Q, como titular do establecemento Pub Bohemia.

Último enderezo coñecido: rúa Calzada, nº 16, 4º E, 36500 Lalín (Pontevedra).

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

Artigo 7) «Prohíbese fumar,..., en: u) Bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados».

Tipificación: dúas infraccións administrativas, unha tipificada como leve e outra como grave nos artigos 19.2.a) e 19.3.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: mil douscentos dous euros (1.202 €).