Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 28 de setembro de 2015 Páx. 37939

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización do contrato para a obra de reforma da instalación de calefacción con cambio a sala de caldeiras de biomasa e silo de pellets no CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia (Pontevedra) (expediente ED 10/15-O).

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade á formalización do seguinte contrato de obras:

1. Obra de reforma da instalación de calefacción con cambio a sala de caldeiras de biomasa e silo de pellets no CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia (Pontevedra) (expediente ED 10/15-O).

1.1. Adxudicataria: Termocalor Vigo, S.L.

1.2. Importe de adxudicación: 115.502,48 € (IVE excluído).

1.3. Data de adxudicación: 7 de setembro de 2015.

1.4. Data de formalización do contrato: 10 de setembro de 2015.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2015

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria