Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 28 de setembro de 2015 Páx. 37930

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de autorización administrativa, promovido por Gas Galicia SDG, S.A., para a distribución de gas natural no núcleo de poboación da Cañiza (Pontevedra).

A empresa Gas Galicia SDG, S.A. (con CIF número A15383284 e enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela) presentou, con data 13.5.2015, a solicitude de autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación da Cañiza (Pontevedra), acompañada do correspondente proxecto.

O 22.5.2015, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola cal se iniciou o trámite de competencia para o outorgamento da dita autorización administrativa (DOG nº 113, do 17 de xuño), para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP). Durante o prazo establecido (30 días) non se presentaron solicitudes en concorrencia coa solicitude de Gas Galicia SDG, S.A. e, polo tanto, o trámite de competencia quedou resolto a favor desta empresa.

En relación con esta solicitude, para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos; no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, e no artigo 1 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, sométese a información pública o proxecto de autorización administrativa para a distribución de gas natural, correspondente ao núcleo de poboación e coas características indicadas no cadro seguinte:

Núcleo de poboación

Número de expediente

1

A Cañiza

IN627A 2015/4-0

Obxecto da solicitude:

– Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación da Cañiza, no concello da Cañiza (Pontevedra). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano da Cañiza.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 36009A04100010.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir adecuadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano; empregarase tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se vai adoptar elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 634.425 €.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos polo expediente referenciado no cadro anterior poidan presentar as súas alegacións no prazo de vinte (20) días a partir da data de publicación deste anuncio; poderanse examinar os correspondentes proxectos de autorización administrativa na Dirección Xeral de Enerxía e Minas (Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela) ou na Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Industria (r/ Fernández Ladreda, 43, 5º, 36003 Pontevedra).

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas