Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 28 de setembro de 2015 Páx. 37926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se notifican as resolucións dos recursos número RA/COO/2013/00006 e un máis, devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícanselles aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio as resolucións dos recursos.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes aos últimos enderezos coñecidos dos interesados en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, caberá recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou o de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Nº recurso

Nº expediente

Recorrente

Resolución do recurso

RA/COO/2013/00006

Sociedade Deportiva de Cazadores San Mamede

Desestimación

RA/CON/2013/00102

Mª Luz Rivela Fernández

Desestimación

Genaro Méndez Rodríguez

Sociedade Deportiva de Cazadores San Mamede