Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 25 de setembro de 2015 Páx. 37808

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (557/2012).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Manuel Eiras Vázquez contra Martínez Cebreiro, S.L., rexistrado co número PO 557/2012, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), citar a Martínez Cebreiro, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 13 de outubro de 2015, ás 12.00 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio na rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de citación a Martínez Cebreiro, S.L., expídese a presente cédula para a súa colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2015

A secretaria xudicial