Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 25 de setembro de 2015 Páx. 37862

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oza-Cesuras

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de equipamento en solo rústico para a ordenación dunha dotación sanitario-asistencial de residencia de persoas maiores en Porzomillos e do convenio urbanístico negociado e subscrito con Lucus Residencial, S.L.

Órgano e data: xunta de Goberno Local, sesión do 13 de agosto de 2015.

Prazo e obxecto: un mes desde a publicación no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo poderá ser examinado o expediente, así como o texto íntegro do convenio, na Casa do Concello de Oza-Cesuras.

Efectos do acordo: quedan suspendidas as licenzas no ámbito do territorio comprendido polo Plan especial, que comprende as parcelas identificadas coas seguintes referencias catastrais:

15064A506001320000SW, 15064A506010110000SY, 15064A506010100000SB, 15064A506010090000SG, 15064A506007520000SF, 15064A506007510000ST. Superficie total: 24.981 m2.

Regulación: artigos 86.1.a) e 233 e seguintes da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Oza-Cesuras, 11 de setembro de 2015

José Pablo González Cacheiro

Celestino J. Amigo Liñares

Alcalde

Vicesecretario