Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 25 de setembro de 2015 Páx. 37846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo xeral de atención ás persoas usuarias dos sistemas e medios TIC da Xunta de Galicia (CAU central) (expediente 68/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo xeral de atención ás persoas usuarias dos sistemas e tecnoloxías da información da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 19.1.2015.

DOUE: 16.1.2015.

BOE: 29.1.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 3.780.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

Lote 1: soporte de primeiro e segundo nivel a persoas usuarias: orzamento total de licitación de 1.197.900,00 € (IVE incluído).

Lote 2: Oficina Técnica do CAU (OTC): orzamento total de licitación de 326.700,00 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

– Lote 1: 23.6.2015.

– Lote 2: 21.5.2015.

b) Data de formalización do contrato:

– Lote 1: 28.4.2015.

– Lote 2: 1.7.2015.

c) Contratista:

– Lote 1: Unisys, S.L.U.

– Lote 2: Everis Spain, S.L.U.

d) Importe de adxudicación:

– Lote 1: 910.404,00 € (IVE incluído).

– Lote 2: 277.695,00 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia