Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 25 de setembro de 2015 Páx. 37772

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral do Mar, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establece a convocatoria para o ano 2015 e se particulariza o seu importe global máximo, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo de Pesca, para a xestión de zonas de produción, conservación, protección e sustentabilidade da explotación dos recursos mariños que permitan mellorar as condicións de vida e traballo das persoas que se dedican a esta actividade e que contribúan á conservación do medio mariño e das súas especies, tramitada como anticipado de gasto (Diario Oficial de Galicia número 19, do 29 de xaneiro).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13, punto 4, da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o/a beneficiario/a, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das axudas concedidas con cargo á Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establece a convocatoria para o ano 2015 e se particulariza o seu importe global máximo, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo de Pesca, para a xestión de zonas de produción, conservación, protección e sustentabilidade da explotación dos recursos mariños que permitan mellorar as condicións de vida e traballo das persoas que se dedican a esta actividade e que contribúan á conservación do medio mariño e das súas especies, tramitada como anticipado de gasto, e que figuran como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2015

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar

ANEXO

1. Finalidade: xestión de zonas de produción, conservación, protección e sustentabilidade da explotación dos recursos mariños que permitan mellorar as condicións de vida e traballo das persoas que se dedican a esta actividade e que contribúan á conservación do medio mariño e das súas especies.

2. Financiamento: aplicación orzamentaria 12.31.723A.770.1, código de proxecto contable 201100802, cofinanciada nun 75 % polo Fondo Europeo de Pesca (FEP).

3. Beneficiarios e axudas concedidas:

Expediente

CIF

Solicitante

Proxecto

Total concedido

PE209C-2015-001

G15234727

Agrupación de Mariscadores Río Anllóns

Xestión

14.250,00

PE209C-2015-002

G15234727

Agrupación de Mariscadores Río Anllóns

Conservación

20.840,00

PE209C-2015-003

G15030844

Confraría de Pescadores de San Bartolomé de Noia

Conservación

36.300,00

PE209C-2015-004

G15030844

Confraría de Pescadores de San Bartolomé de Noia

Xestión

12.871,06

PE209C-2015-005

G15031511

Confraría de Pescadores de Malpica de Bergantiños

Conservación

22.198,38

PE209C-2015-006

G15043953

Confraría de Pescadores de Cabo de Cruz

Conservación

12.705,00