Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 25 de setembro de 2015 Páx. 37855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, tramitado con carácter ordinario, para a contratación da subministración sucesiva de vendas, apósitos, esparadrapos, trapos nasais, microesponxas cirúrxicas (lentinas) e outros (expediente MI-EIL1-15-015).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: Doutor Ulises Romero nº 1-2º andar.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

4º. Teléfonos: 982 29 62 29/60 57/60 47.

5º. Fax: 982 29 65 92.

6º. Correo electrónico: ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: último día de presentación de proposicións, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: MI-EIL1-15-015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración sucesiva.

b) Descrición: adquisición de forma sucesiva e por prezo unitario de vendas, apósitos, esparadrapos, trapos nasais, microesponxas cirúrxicas (lentinas) e outros con destino ás estruturas de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si. Ver follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: ver número 14 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

2º. Localidade e código postal: ver número 14 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: 24 mensualidades desde a data indicada no documento contractual.

f) Admisión de prórroga: si. Ver punto 7.1.3 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): si.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 33141110-4, 33141111-1, 33141112-8, 33141113-4 e 24959100-2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver número 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: dez millóns douscentos oitenta e nove mil catrocentos catro euros con trinta e sete céntimos (10.289.404,37 €).

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: tres millóns novecentos cincuenta e sete mil catrocentos sesenta e tres euros con vintedous céntimos (3.957.463,22 €).

b) Importe total: catro millóns trescentos cincuenta e tres mil douscentos dez euros con cinco céntimos (4.353.210,05 €).

6. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non.

Definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (de ser o caso): non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): ver números 16 e 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: ver folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26.10.2015.

Se o último día de presentación de ofertas coincidir en sábado, domingo ou festivo, na localidade establecida no punto 1.c.3º desta resolución, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver punto 5.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2º. Enderezo: Doutor Ulises Romero nº 1-2º andar.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

4º. Enderezo electrónico: ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende convidar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver punto 11.3 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala 305 da Xerencia, no Hospital Universitario Lucus Augusti. Dr. Ulises Romero nº 1-3º andar.

c) Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) Data e hora: a data e hora de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante www.sergas.es .

10. Gastos de publicidade: o pagamento do anuncio desta licitación será por conta do/s adxudicatario/s do contrato. Ver número 26 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (de ser o caso): 7.9.2015.

12. Outras informacións.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos