Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 24 de setembro de 2015 Páx. 37744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de coordinación tecnolóxica especializada para a rede CeMIT e as entidades locais (expediente 39/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de coordinación, xestión e seguimento dos servizos de Administración electrónica coas entidades locais e a rede CeMIT.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 3.3.2015.

DOUE: 28.2.2015.

BOE: 12.3.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 684.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 342.000,00 €, máis 71.820,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 413.820,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 12.6.2015.

b) Data de formalización do contrato: 10.7.2015.

c) Contratista: Everis Spain, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 351.747,00 € (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia