Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 24 de setembro de 2015 Páx. 37736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 21 de agosto de 2015 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Con de Pego I, sita na cuadrícula número 43 do polígono Cangas H.

Unha vez visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da concesión administrativa e da batea Con de Pego I, resulta:

a) Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante escrito do 6 de agosto de 2015, Alberto Miranda Cancelas (78732792C) solicitou autorización para a transmisión da concesión administrativa e da batea Con de Pego I.

Segundo. Os informes do Servizo de Gardacostas sobre as características da batea e do Servizo Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos:

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, que a modifica, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Andrea Miranda Chapela (73241333H), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Con de Pego I.

Situación:

Cuadrícula nº: 43.

Polígono: H.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 30.9.1957 (BOE nº 286).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Alberto Miranda Cancelas (78732792C).

Nova titular: Andrea Miranda Chapela (73241333H).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Unha vez transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e nas obrigas do anterior desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 21 de agosto de 2015

P.D. (Resolución 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar en Vigo