Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 24 de setembro de 2015 Páx. 37751

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación para a contratación da subministración de equipamentos de potenciais evocados automatizados para o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal. Contratación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-CON1-15-008.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de equipamentos de potenciais evocados automatizados para o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: máximo 30 días desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 33124100-6.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0 - 40 puntos

Valoración funcional do equipo

0 - 10

Datos sobre taxas de derivación, taxas de detección e VPP, en programas de cribado que utilizaron o equipamento ofertado, documentadas mediante publicacións científicas. Non se valorará ningún artigo non publicado nin aqueles que non ofrezan os valores numéricos dos indicadores solicitados, nin aqueles con antigüidade de máis de 10 anos desde a súa publicación

0 - 10

Facilidade na introdución de datos do neno

0 - 5

Capacidade de integración dos equipamentos cos sistemas de información corporativos da Consellería de Sanidade. Os licitadores cumprimentarán o anexo «Especificacións Técnicas de equipamento médico cos sistemas de información corporativos»

0 - 5

Garantía de continuidade no servizo: actuacións da empresa para asegurar que, en ningún caso, o funcionamento do programa se deteña durante un período de tempo superior a 24 horas

0 - 5

Capacidade para ofrecer instrucións contextuais claras e precisas para a realización da proba e alertas sobre situación de impedancias e/ou ruídos ambientais ou bioxénicos

0 - 5

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0 - 60 puntos

Oferta económica

0 - 40

Prezo dos terminais de estimulación acústica externos e adhesivos ao pavillón auditivo (auriculares) e eléctrodos

0 - 7

Tempo de duración da garantía por encima da legalmente establecida (24 meses) para o produto

0 - 6

Prezo do mantemento anual integral dos equipamentos ofertados nun período de 5 anos

0 - 5

Formación

0 - 2

4. Valor estimado do contrato: 36.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 36.000 euros. Importe total: 43.560 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2 d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas a.m. do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatarios.

11. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos