En virtude da Orde do 11 de outubro de 2013 (DOG núm. 199, do 17 de outubro) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axudantes facultativos ambientais.
O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 9 de xullo de 2015 (DOG núm. 133, do 16 de xullo).
Co obxecto de que os aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeados funcionarios de carreira do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axudantes facultativos ambientais, e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Convocar os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axudantes facultativos ambientais, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 30 de setembro de 2015 ás 11.15 horas.
Segundo. Os aspirantes convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.
Terceiro. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.
Cuarto. Aos aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos aspirantes presentes ou representados entre as que quedasen sen adxudicar.
Quinto. Os aspirantes poderán solicitar ser declarados en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas, respectivamente, nos artigos 174 e 173.3.d) da Lei 2/2015. Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade.
Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2015
Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda
Anexo
Núm. |
Código do posto |
Cons. |
Denominación |
Nivel |
Subgrupo |
Centro de destino |
Centro directivo |
Concello |
1 |
MAC993011032190004 |
MA |
Axente |
14 |
C1/C2 |
Distrito: XI-O Ribeiro/Arenteiro |
Servizos periféricos |
O Carballiño |
2 |
MAC993014232340006 |
MA |
Axente |
14 |
C1/C2 |
Zona: Viana-Parque Natural Montes do Invernadoiro |
Servizos periféricos |
A Gudiña |
3 |
MAC993016136240003 |
MA |
Axente |
14 |
C1/C2 |
Zona: Deza |
Servizos periféricos |
Lalín |
4 |
MRC995001215600006 |
MR |
Axente |
14 |
C1/C2 |
Comarca forestal: Ortegal |
Servizos periféricos |
Ortigueira |
5 |
MRC995005115910006 |
MR |
Axente |
14 |
C1/C2 |
Comarca forestal: Terra de Soneira |
Servizos periféricos |
Vimianzo |
6 |
MRC995008327490005 |
MR |
Axente |
14 |
C1/C2 |
Comarca forestal: Quiroga |
Servizos periféricos |
Quiroga |
7 |
MRC995011132190011 |
MR |
Axente |
14 |
C1/C2 |
Comarca forestal: O Carballiño |
Servizos periféricos |
O Carballiño |
8 |
MRC995011132190013 |
MR |
Axente |
14 |
C1/C2 |
Comarca forestal: O Carballiño |
Servizos periféricos |
O Carballiño |
9 |
MRC995011232680008 |
MR |
Axente |
14 |
C1/C2 |
Comarca forestal: O Ribeiro |
Servizos periféricos |
Ribadavia |
10 |
MRC995013232230012 |
MR |
Axente |
14 |
C1/C2 |
Comarca forestal: Terra de Caldelas-Terra de Trives |
Servizos periféricos |
Castro Caldelas |
11 |
MRC995014132840006 |
MR |
Axente |
14 |
C1/C2 |
Comarca forestal: Verín |
Servizos periféricos |
Verín |
12 |
MRC995014132840010 |
MR |
Axente |
14 |
C1/C2 |
Comarca forestal: Verín |
Servizos periféricos |
Verín |
13 |
MRC995014132840011 |
MR |
Axente |
14 |
C1/C2 |
Comarca forestal: Verín |
Servizos periféricos |
Verín |
14 |
MRC995014132840013 |
MR |
Axente |
14 |
C1/C2 |
Comarca forestal: Verín |
Servizos periféricos |
Verín |
15 |
MRC995014232340009 |
MR |
Axente |
14 |
C1/C2 |
Comarca forestal: Viana |
Servizos periféricos |
A Gudiña |
16 |
MRC995014232340010 |
MR |
Axente |
14 |
C1/C2 |
Comarca forestal: Viana |
Servizos periféricos |
A Gudiña |
17 |
MRC995015132060008 |
MR |
Axente |
14 |
C1/C2 |
Comarca forestal: Baixa Limia |
Servizos periféricos |
Bande |
18 |
MRC995015132060015 |
MR |
Axente |
14 |
C1/C2 |
Comarca forestal: Baixa Limia |
Servizos periféricos |
Bande |
19 |
MRC995015132060016 |
MR |
Axente |
14 |
C1/C2 |
Comarca forestal: Baixa Limia |
Servizos periféricos |
Bande |
20 |
MRC995015232320016 |
MR |
Axente |
14 |
C1/C2 |
Comarca forestal: A Limia |
Servizos periféricos |
Xinzo de Limia |